Un veciño pídenos que difundamos as fotos do acceso á Fundación Manolo Paz
A fundación é un referente cultural no noso Concello, acuden en autocar moitos escolares e turistas e non estaría mal que se lle dera un repaso, con vistas á temporada de verán. O pavimento que tén arrastrao a chuvia facilmente, sobre todo os tramos en pendente. Habería que buscar unha solución que non interfira coa lexislación de medioambiente que afecta a esta zona
Aquí empeza a pista que leva á Fundación, nas proximidades da bodega de Condes de Albarei e pola que poden entrar autobuses. Vese ben como se estreita considerablemente e o firme está deteriorado. Tampouco o cartel de Fundación está moi visible (anque esto depende da Fundación supoño)
Máis adiante remata o asfalto, o material é menos consistente a as chuvias arrástrano
Dito queda