Noites Mouchas propón que enviedes unha mensaxe á páxina do Concello de Cambados en facebook con estas sinxelas preguntas:
“As Noites Mouchas foron fai un ano unha das apostas máis importantes do
Concello de Cambados na área de xuventude. Como participante nestas
actividades gustaríame que me responderan ao seguinte: ¿Vaise volver
repetir este ano ou se vai a copiar e facer algo igual con outro nome?
¿Vaise ter en conta a opinión da xuventude de Cambados ou o que decida o
concelleiro? ¿Vaise escoller a idea orixinal de Noites Mouchas feita
por mozos de Cambados ou se vai a copiar esta iniciativa por unha
empresa de fóra? ¿Cómo se vai a apoiar a Xuventude de Cambados se nin se
quere se cree neles cando fan un proxecto que resultou ser un éxito?”
A ver que vos contestan. Píden que publiquedes a contestación (se hai) no seu facebook (O de NM).
No hay comentarios:
Publicar un comentario